O Apalpador |
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio, queremos por o noso gran de area na recuperación da tradición dun ser moi especial e que esperta gran agarimo por parte dos máis pequen@s, a figura do APALPADOR. Por iso o vindeiro xoves 21 pola mañá visitaranos para tocarnos as barrigas, desexarnos unhas felices festas e agasallarnos con algunha lambetada. Fotos ![]() LENDA: O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano". |