coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

Míriam Varela gañadora do Concurso de Hashtags do Concello de Sanxenxo


Míriam Varela (de 2º ESO), coa súa proposta #rocknoprácidoluar, foi a gañadora do Concurso de Hashtags do Concello de Sanxenxo. 
Neste concurso participaron tódolos centros educativos do concello, concretamente nas etapas de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, presentando todo tipo de lemas en forma de hashtag, coa idea de escoller un que sirva de emblema para a promoción do próximo Concerto pola Lingua. O 16 de setembro, en Portonovo, actuarán destacadas bandas de rock e folk en galego, coma Ruxe-Ruxe, reivindicando o uso do galego, tamén na música e entre a mocidade.
Ó acto de entrega do premio no noso colexio acudiron a concelleira Paz Lago, a directora Milagros Norat, o profe de Galego Aleixo Torres e, por suposto, a galardoada Míriam Varela, que recibiu unha estupenda tablet de 10'. 
Parabéns, Míriam!! E xa sabedes... #rocknoprácidoluar!

img-20170713-wa0010.jpg
 
Publicado por Roberto o 15/07/2017