coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

XIMNASIA RÍTMICA: PRESENTACIÓN DE EQUIPOS

2012ritmicaequipos.JPGUn ano máis, o equipo de ximnasia rítmica do Colexio Abrente crece, non so en ximnastas senón en traballo e constancia, a forza e a confianza que nos une, facendo do noso equipo unha gran familia. Comezamos a tempada con moita ilusión, moita forza e moitas ganas de traballar e dalo todo nos entrenamentos, na competición e nas exhibicións. Os nosos equipos: Mini-prebenxamin: Lola, Lucía, María, Ainhoa, Aitana, Aroa, Blanca, Uxia e Tania. Benxamín: Alba, Helena, Sofía, Nerea e Sara. Alevín I: Andrea, Alexandra, Naroa e Paula. Alevín II: Leticia, Julia, Laura, Alba, Uxia e Lucía. Alevín II: Paloma, Carmen, Uxia e Noelia. Infantil: Ainoa, Candela, María, Sara e Gloria. Xuvenil: Ana R, Cristina, Silvia, Ana O. e Alba. BLOG DO EQUIPO: http://ritmicaabrente.blogspot.com.es/    FOTOS
            
Publicado por Andrés o 02/11/2012  

CONCERTO ESCOLA DE MÚSICA DE MEAÑO

2012escola.JPG@s mestres que forman parte da Escola de Música de Meaño fixéronnos unha visita para realizar un concerto didáctico onde a través dunha obra musical foron presentando todos os instrumentos que completa a oferta educativa para este ano. Queremos agradecer a colaboración da Escola de Música de Meaño co noso centro. FOTOS.
Publicado por Andrés o 23/10/2012  

4º PRIMARIA: EXPERIENCIA LABORATORIO

4eplaboratorio.JPGOs nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron como actividade complementaria de ciencias un experimento no laboratorio no que representaron a acción dos zumes gástricos no estómago e viron, mediante unha sinxela experiencia, a liberación de gases das bebidas gaseadas ó mezclarse con bicarbonato. Foi unha xornada moi divertida, motivadora e educativa, que repetiremos en sucesivas ocacións para fomentar unha visión práctica da ciencia. FOTOS
Publicado por Andrés o 23/10/2012  

6º PRIMARIA: MURAL DE BENVIDA

6mural.JPG@s alumn@s de 6º de Primaria fixemos un mural de benvida ó  novo curso con algúns propósitos para este ano. Chegamos con ánimo para traballar e acadar todos os obxectivos. FOTOS
Publicado por Andrés o 23/10/2012  

CONGRESO UECOE EN SANXENXO

logoxvcongreso.jpgO Colexio Abrente participa activamente no XV Congreso de UECOE (Unión Española de Cooperativas de Enseñanza) que se celebra durante os días 17, 18 e 19 de Setembro en Sanxenxo. Esta cita de carácter bianual e na que participan Cooperativas Escolares de todo o territorio español, é un foro de encontro onde se pretende compartir experiencias e marcar a folla de ruta a seguir no futuro. O noso centro colabora na organización e tamén con varias ponencias do profesorado no congreso. 
Publicado por Andrés o 17/10/2012  

CURSO ESCOLAR 2012-13

Benvidos ao novo curso escolar 2012-13.
Esperamos que neste curso se cumplan todos os obxectivos marcados tanto polo centro como polas familias e esperamos que sexa un curso cheo de satisfaccións.
Iremos publicando na web as noticias e actividades máis relevantes realizadas no centro xunto coas fotos das mesmas.
Esperamos que sexan do voso agrado.
Publicado por Andrés o 10/10/2012  
Pág./s  1 2 3 ... 26 27 [28]