coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

FÚTBOL-SALA: PRESENTACIÓN DO EQUIPO PREBENXAMIN A


2012prebenxaminb.JPGO pasado sábado 10 de novembro o equipo de fútbol-sala do Colexio Abrente iniciou a súa pretemporada cun amistoso celebrado no pavillón do colexio no que se enfrentou ó equipo de fútbol-sala Áncora D´Ouro. Este partido amistoso serviu para presentarse por primeira vez ante o seu público e no que estiveron a un bo nivel. Proximamente iranse presentando o resto do equipos que participarán na liga de fútbol-sala. Ánimo e a divertirse!! FOTOS.
Publicado por Andrés o 10/11/2012  

5º E 6º PRIMARIA: SAÍDA A VIGO: NATURNOVA E MUSEO R.C. CELTA DE VIGO

2012naturnova.JPGO mércores 7 de novembro @s alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha saída a Vigo. Por un lado visitaron o Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova de Novacaixagalicia onde reforzaron temas tratados na aula: o universo, o noso planeta, o home e o seu medio, etc. a través dunha forma lúdica cos distintos módulos interactivos e didácticos: xogos de ordenador, imaxes virtuais, obxetos, recreación de ambientes, mapas, etc. Despois visitaron o Museo do R. C. Celta de Vigo onde ademais puideron visitar os vestiarios e o campo de xogo. FOTOS.
Publicado por Andrés o 10/11/2012  

INFANTIL DE 3, 4 E 5 ANOS: O OUTONO

2012outono.jpgCoa chegada do outono, os de E. Infantil empezamos a observar os cambios que se producen no noso entorno: a maxia das árbores espidas, a mestura das súas cores, o triscar das follas secas... A desfrutar dos novos sabores que nos ofrece unha vez máis a naturaleza e a enredar e experimentar cos materiais propios desta época.
A IMAXINACIÓN SEGUE A SER O NOSO MOTOR. FOTOS:  3 ANOS     4 ANOS     5 ANOS
Publicado por Andrés o 08/11/2012  

HALLOWEEN FESTIVAL

2012halloween.JPGO departamento de Linguas Estranxeiras organizou o pasado 31 de outubro un festival de Halloween no ximnasio do colexio para o alumnado de primaria do centro.
Houbo baile de disfraces e dous concursos: ó mellor disfraz que gañou Enmanuel Prugnoli Alvisua de 3º de EP e ó mellor playback con cancións en inglés que gañou Naroa Pérez Álvarez de 4º de EP. FOTOS
Publicado por Andrés o 07/11/2012  

SAMAIN: CONCURSO DE CABAZAS

2012cabaza.JPGUn ano máis, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro organizou o Concurso de Decoración de Cabazas co motivo da celebración do Samaín. O concurso tivo unha alta participación e cun nivel que fixo difícil a decisión do xurado. Déronse dous premios: a máis orixinal á familia de Sheila e Daniel Rodríguez Martín cunha cabaza-hamburguesa e á máis traballada a Judit e Noel Prado Sotelo que foron obsequiados cun lacón. FOTOS
Publicado por Andrés o 07/11/2012  

THEATRE WORKSHOP: HALLOWEEN

2012halloween.jpgThis week we celebrated Halloween at school and in Theatre Workshop. The boys and girls had their own Halloween party. The kids dressed up for the occasion, danced, sang and had their own "treat" of chips and soda. Once the boys and girls finished their snack they shared some candies just like in the traditional "trick or treating". Today the children from Theatre Workshop took home a printed sheet with two of the several songs we worked on Halloween with a YouTube web-page to see the videos. FOTOS
Publicado por Andrés o 02/11/2012  

XIMNASIA RÍTMICA: PRESENTACIÓN DE EQUIPOS

2012ritmicaequipos.JPGUn ano máis, o equipo de ximnasia rítmica do Colexio Abrente crece, non so en ximnastas senón en traballo e constancia, a forza e a confianza que nos une, facendo do noso equipo unha gran familia. Comezamos a tempada con moita ilusión, moita forza e moitas ganas de traballar e dalo todo nos entrenamentos, na competición e nas exhibicións. Os nosos equipos: Mini-prebenxamin: Lola, Lucía, María, Ainhoa, Aitana, Aroa, Blanca, Uxia e Tania. Benxamín: Alba, Helena, Sofía, Nerea e Sara. Alevín I: Andrea, Alexandra, Naroa e Paula. Alevín II: Leticia, Julia, Laura, Alba, Uxia e Lucía. Alevín II: Paloma, Carmen, Uxia e Noelia. Infantil: Ainoa, Candela, María, Sara e Gloria. Xuvenil: Ana R, Cristina, Silvia, Ana O. e Alba. BLOG DO EQUIPO: http://ritmicaabrente.blogspot.com.es/    FOTOS
            
Publicado por Andrés o 02/11/2012  

CONCERTO ESCOLA DE MÚSICA DE MEAÑO

2012escola.JPG@s mestres que forman parte da Escola de Música de Meaño fixéronnos unha visita para realizar un concerto didáctico onde a través dunha obra musical foron presentando todos os instrumentos que completa a oferta educativa para este ano. Queremos agradecer a colaboración da Escola de Música de Meaño co noso centro. FOTOS.
Publicado por Andrés o 23/10/2012  

4º PRIMARIA: EXPERIENCIA LABORATORIO

4eplaboratorio.JPGOs nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron como actividade complementaria de ciencias un experimento no laboratorio no que representaron a acción dos zumes gástricos no estómago e viron, mediante unha sinxela experiencia, a liberación de gases das bebidas gaseadas ó mezclarse con bicarbonato. Foi unha xornada moi divertida, motivadora e educativa, que repetiremos en sucesivas ocacións para fomentar unha visión práctica da ciencia. FOTOS
Publicado por Andrés o 23/10/2012  

6º PRIMARIA: MURAL DE BENVIDA

6mural.JPG@s alumn@s de 6º de Primaria fixemos un mural de benvida ó  novo curso con algúns propósitos para este ano. Chegamos con ánimo para traballar e acadar todos os obxectivos. FOTOS
Publicado por Andrés o 23/10/2012  

CONGRESO UECOE EN SANXENXO

logoxvcongreso.jpgO Colexio Abrente participa activamente no XV Congreso de UECOE (Unión Española de Cooperativas de Enseñanza) que se celebra durante os días 17, 18 e 19 de Setembro en Sanxenxo. Esta cita de carácter bianual e na que participan Cooperativas Escolares de todo o territorio español, é un foro de encontro onde se pretende compartir experiencias e marcar a folla de ruta a seguir no futuro. O noso centro colabora na organización e tamén con varias ponencias do profesorado no congreso. 
Publicado por Andrés o 17/10/2012  

CURSO ESCOLAR 2012-13

Benvidos ao novo curso escolar 2012-13.
Esperamos que neste curso se cumplan todos os obxectivos marcados tanto polo centro como polas familias e esperamos que sexa un curso cheo de satisfaccións.
Iremos publicando na web as noticias e actividades máis relevantes realizadas no centro xunto coas fotos das mesmas.
Esperamos que sexan do voso agrado.
Publicado por Andrés o 10/10/2012  
Pág./s  1 2 3 ... 25 26 [27]