coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

COMENZO DO CURSO 2013-14


2013bienvenidos.jpgBenvidos ao novo curso escolar 2013-14. As clases empezarán o mércores día 11 de setembro para os alumn@s de infantil e primaria. O vindeiro luns 16 de setembro comenzarán as de ESO.
Esperamos que neste curso se cumplan todos os obxectivos marcados tanto polo centro como polas familias e esperamos que sexa un curso cheo de satisfaccións. Iremos publicando na web as noticias e actividades máis relevantes realizadas no centro xunto coas fotos das mesmas. Esperamos que sexan do voso agrado.
Publicado por Andrés o 10/09/2013  

ESCOLA INFANTIL DE VERÁN 1ª QUINCENA AGOSTO


Publicamos as fotos da 1ª quincena de Agosto da Escola Infantil de Verán no Colexio Abrente. Esperamos que sexan do seu agrado.
FOTOS: AULA MARÍA    AULA DORI     AULA ALMU    AULA SOL-ROSI
Publicado por Andrés o 25/08/2013  

ESCOLA INFANTIL DE VERÁN: 2ª QUINCENA DE XULLO


Publicamos as fotos da 2ª quincena de Xullo da Escola Infantil de Verán no Colexio Abrente. Esperamos que sexan do seu agrado.
FOTOS: AULA ALMU   AULA MARÍA   AULA DORI   AULA SOL-ROSI   AULA TARDE
Publicado por Andrés o 13/08/2013  

ESCOLA INFANTIL ABRENTE: ACTIVIDADES DE VERÁN


2012veran.JPGOs nenos e nenas da Escola Infantil Abrente están a realizar diversas actividades durante estes días de verán. Publicamos un pequeno resumo das actividades realizadas nesta primeira quincena do mes de Xullo. Esperamos que lles gusten. FOTOS: 1 ANO   2 ANOS   345 ANOS
Publicado por Andrés o 18/07/2013  

Escola Infantil Abrente


logoguardeanim.gif       Estimados pais:

Comprácenos comunicarlles que a Gardería volve
a estar SUBVENCIONADA.
Todas as persoas interesadas non dubiden en pasar
pola secretaría do centro ou ben no telf. 986723494.

Atentamente,
A dirección.
Publicado por Roberto o 09/07/2013  

CLUB DEPORTIVO ABRENTE: FESTA FIN DE TEMPADA


2012clube.JPGO Club Deportivo Abrente realizou este venres 21 de xuño unha festa de fin de tempada no colexio. Houbo diversos xogos e medallas para todos os membros dos equipos de fútbol-sala e de baloncesto. Despois disfrutamos todos dunha merendola na que colaboraron tod@s os pais e nen@s. O clube puxo a bebida. Grazas a tod@s os pais pola colaboración durante este intenso ano. Noraboa!! FOTOS
Publicado por Andrés o 21/06/2013  

ACTO ENTREGA DE DIPLOMAS 2013


2012acto.jpgO pasado 14 de xuño celebramos no Colexio Abrente o Acto de entrega de diplomas. Neste acto foron agasallados diversas actividades e concursos realizados ó longo do curso: mellores lectores do ano, exámenes de Cambridge, equipos deportivos, premios do concurso "Consumópolis", campionato de xadrez, concurso de camisetas, etc. Ademais entregáronse os diplomas ós alumnos de 6º de primaria e sobre todo @s alumn@s de 4º de ESO que rematan a súa andaina no noso colexio despois de 15 anos nalgúns casos. Foi un acto moi emotivo marcado polo recordo da nosa compañeira Marisa, mestra e cooperativista deste centro durante moitos anos e cargado de recordos de tantos vivencias ó longo de moitos anos no colexio. Desexásmoslle moita sorte a tod@s. FOTOS: PHOTOCALL   ACTO   MÁIS FOTOS
Publicado por Andrés o 21/06/2013  

AXUDAS COMPRA DE LIBROS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN


A Consellería de Educación ven de publicar no DOG do 31 de maio de 2013 as axudas para a adquisición de libros de texto para Ed. Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial. O prazo remata o 30 de xuño para educación primaria e haberá dous prazos para educación secundario, o ordinario ata o 26 de xullo e o extraordinario do 2 ó 30 de setembro. Teñen máis información no enlace: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria    ANEXO I   ORDE COMPLETA   CIRCULAR           
Publicado por Andrés o 20/06/2013  

ANPA DO COLEXIO ABRENTE: FESTA FIN DE CURSO


2012espuma.JPGA ANPA do Colexio Abrente tivo que suspender a saída ó parque acuático de Cerceda pero celebrou unha festa no Colexio que fixo as delicias de todos @s nen@s. Tivemos inchables no pavillón, merendola e refrescos para todos e a cita máis esperada a Festa da Espuma na que tod@s os nen@s o pasaron xenial. Noraboa a ANPA pola organización do evento. FOTOS: INCHABLES FESTA DA ESPUMA
Publicado por Andrés o 20/06/2013  

FESTIVAL TEATRO INFANTIL COLEXIO ABRENTE


2012esqueleto.JPGO pasado martes 18 de xuño celebramos no auditorio de Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo o tradicional festival de teatro infantil no que participaron @s nenos de 3, 4 e 5 anos e @s alumn@s da actividade extraescolar de Theatre Workshop. @s alumn@s de Theatre Workshop representaron unha obra en inglés chamada "Toys Story", @s nen@s de 3 anos fixeron as súa particular versión do conto dos tres porquiños, 4 anos representaron "A que saben os bicos?" e os de 5 anos recibiron os diplomas como recén "licenciados" en educación infantil. FOTOS: THEATRE WORKSHOP   3 ANOS   4 ANOS   5 ANOS   VÍDEO 5 ANOS 2008-2013          
Publicado por Andrés o 20/06/2013  

FESTIVAL EDUCACIÓN INFANTIL E XIMNASIA RÍTMICA


2012boda.JPGO pasado mércores 19 de xuño celebramos no pavillón do colexio o festival de fin de curso de educación infantil de 0-3 anos e da actividade extraescolar de ximnasia rítmica. O pavillón estivo repleto de pais e nais que disfrutaron das diversas actuacións. Dende a representación dunha boda d@s nen@s de 1 anos, os moteros ye-ye de 2 anos e as espectaculares coreografías das nosas atletas de ximnasia rítmica. Aquí vai un adelanto das fotos aínda que poñeremos máis nos vindeiros días. FOTOS: 1 ANO   2 ANOS   RITMICA1   RITMICA2   RITMICA3
Publicado por Andrés o 20/06/2013  

OBRADOIRO DO RACE EN SANXENXO


O RACE en colaboración coa Policía Local de Sanxenxo levará a cabo do 8 ó 12 de Xullo na Praza dos Barcos de Sanxenxo uns obradorios para todos alumnos de Primaria e ESO. As sesións lévanse a cabo cun grupo clase entorno a 25 alumnos cunha duración de 60 minutos. Haberá varios talleres: A seguridade no vehículo, o cinturón de seguridade, a seguridade na bicicleta, taller de alcoholemia, taller de ciclomotor, etc. Poden descargar toda a información no folleto informativo. FOLLETO.
Publicado por Andrés o 19/06/2013  

ESCOLA INFANTIL DE TARDE: ACTIVIDADES


@s nen@s da gardería de tarde tamén fixemos un montón de actividades como ximnasia, regalos para as nosas mamás, o xogo heurístico, contacontos, disfrazámonos, etc. Aquí vai un pequeno resumo fotográfico para que vexades que ben o pasamos. FOTOS
Publicado por Andrés o 11/06/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: OBRADOIRO DE COCIÑA


Rematouse o taller de cociña con dous postres que fixeron as ledicias de tosdos, un sabrosísimo biscoito e unhas brochetas de froita con chocolate ummm. FOTOS
Publicado por Andrés o 11/06/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ; ÚLTIMAS SESIÓNS


Nestas dúas últimas sesións reforzamos conceptos: grande-pequeno, moitos-poucos, cores:  vermello-azul-amarelo, formas: círculo-cadrado-triángulo. Fixemos circuitos nos que tivemos que facer equilibrios, gatexar, saltar, ensartar... Rematamos facendo un bonito debuxo cos nosos papás, mamás, avoas empregando pinceis, mans, dedos e pintura azul, amarela, vermella e verde. Esperamos que as fotos sexan do seu agrado. FOTOS: 7ª SESIÓN  6ª SESIÓN  5ª SESIÓN  4ª SESIÓN  3ª SESIÓN   2ª SESIÓN  1ª SESIÓN  
Publicado por Andrés o 11/06/2013  

MELLORES LECTORES DA BIBLIOTECA


Este curso 2012-13 xurdiu a idea de premiar ao nen@s máis lectores con un diploma para animalos na súa andaina de descubrir novos mundos e novas sensacións a través da lectura. O camiño é apaixonante polo que animamos ás familias tamén a que lle boten unha man neste edificante camiño de mergullarse entre os libros. Ánimo a tod@s e noraboa. Grazas tamén ó mestre Xosé que foi o encargado da Biblioteca durante todo o curso. FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

HISTORIA DE SANXENXO


Durante este curso fixemos un proxecto no colexio sobre o Concello de Sanxenxo para saber un pouco máis da nosa historia, cultura, gastronomía, lendas, festas , etc, e para elo, o pasado xoves pola tarde contamos coa presenza no colexio dunha persoa colaboradora do libro “Sanxenxo raíces de mar”; Carmen Buezas que nos explicou de maneira amena e divertida un pouco da historia do noso concello ós alumn@s de 5º, 6º de Primaria e ESO. Moitas grazas. FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

CAMPIONATO XADREZ: FINAL


Despois dunhas apaixonantes semifinais chegou o momento das grandes finais. Por un lado xogaron Jacobo Guiance Maquieira de 2º EP e Julia Soutullo Parada de 3º EP resultando ganadora Julia. Por outro lado xogaron unha simultánea  Jorge Segura Santos de 6º EP contra  Francisco Martín González Vázquez  de 4º EP, Jonathan Couto Padín de 5º EP, Pablo Martínez Alfonso de 6º EP, Santiago Rey García de 1º ESO, Leonardo Leiro Vidal de 2º de ESO, Azucena Nuevo Pousada, Ángela Varela Dios e Luis Priegue Lustres de 3º ESO e Adán Outón Freijeiro de 4º ESO resultando ganador Leonardo. Foron unhas estupendas partidas e agardo que o próximo curso teñamos polo menos o mesmo nivel de participación e calidade. Un saúdo a tod@s e noraboa aos gañadores. FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

CONSTRUCCIÓN DUN MAIO


Este ano, continuando coa tradición emprendida fai uns anos, construímos o noso Maio coa colaboración de todo o colexio. O alumnado móstrase moi participativo e con ganas de aprender como é a súa construcción. Dirixidos polo mestre Xosé Rodríguez e grazas á colaboración de tod@s e tamén das familias conseguimos facer un Maio moi bonito. Vémonos para o ano vindeiro.  FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

XIMNASIA RÍTMICA: CAMPIONATO GALEGO


O equipo cadete do Equipo de Ximnasia Rítmica do Colexio Abrente formado polas ximnastas Ana Outeda Rey, Silvia Muiños Aspres, Ana Rodríguez Amestoy e Cristina Outeda Rey acadaron un moi meritorio oitavo posto no Campionato Galego de Ximnasia Rítmica que reuniu o pasado 26 de Maio en Marín, os mellores equipos chegados de distintos puntos de Galicia. Foi un recoñecemento para estas ximnastas que traballaron moi duro durante este ano baixo a dirección da nosa entrenadora Raquel Martínez. Noraboa as nosas ximnastas!! FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

III CONCURSO DE MONÓLOGOS COLEXIO ABRENTE


O III Concurso de monólogos Colexio Abrente celebrouse neste pasado mes de maio, dende o día 13 ó 22, no ximnasio do colexio. Este concurso de habilidades orais (contáronse anécdotas, historias, contos…), foi organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro co ánimo de promove-lo uso do galego entre o alumnado. Houbo premios en dúas categorías, 3º ciclo de EP e ESO; nelas resultaron gañadores respectivamente, por aclamación popular, Iván Ortigueira (6º EP) e Adán Outón (4º de ESO). Noraboa ós gañadores e grazas ó público asistente! Xa esperamos a edición do ano que vén… FOTOS
Publicado por Andrés o 07/06/2013  

CAMPIONATO DE XADREZ COLEXIO ABRENTE


Un ano máis dá comezo o campionato de xadrez do Colexio Abrente. Ao igual que en anos anteriores a participación é moi alta e repartida en todos os cursos por igual. As primeiras partidas son moi entusiastas e cheas de ánimos por chegar á final. A medida que avanza o campionato xa se van clarificando as posicións e do entusiasmo pasamos á concentración e a tensión vai en aumento. Dende logo todo isto desenvólvese nun ambiente lúdico e divertido pero moi entusiasta. Xa se achega a gran final e iso nótase na cara d@s participantes . Ánimo a tod@s e moita sorte. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

DÍA DA CIENCIA


O pasado mércores 22 de xuño, organizado polo Departamento de Ciencias, celebramos o II Día da Ciencia do Colexio Abrente, onde @s nos@s alumn@s de ESO, coordinados polo mestre Damián Guerra, realizaron unha serie de experimentos no laboratorio para expoñelos ós alumnos e alumnas de Educación Primaria. Dende as cores do arco da vella, erupcións volcánicas, visionado de células a través do microscopio, e outros experimentos que fixeron as delicias d@s nen@s de primaria. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

EDUCACIÓN PRIMARIA: O MAGO NOEL


O pasado xoves recibimos no Colexio Abrente unha visita moi especial: ¡¡veu a visitarnos un mago!! o Mago Noel. Este mago tan simpático fixo unha actuación para todos @s alumn@s de Educación Primaria e a verdade é que pasómolo moi ben cos seus trucos e chistes. Tivemos bolas máxicas, ovos esnafrados, xogos de cartas e moito ... confeti!! Moitas grazas Mago Noel por visitarnos!! FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

INFANTIL DE 2 ANOS: OBRADOIRO DE PRIMAVERA


@s nen@s de Dora e de Almu prantamos semente de herba. Primeiro enchemos de terra uns vasiños, botamoslle a semente e tapámola cunha pouca terra. A continuación, regamos coa regadeira e, a crecer! Pasadas unhas semanas xa tiñamos unha herba moi grande. Rematamos o obradoiro colocándolles unhas pegatinas de ollos nos vasiños, debuxándolles unha boca e un nariz. Quedaronnos uns “punkies” listos para levar a casa. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  
Pág./s  1 2 3 ... 25 [26] 27 28 29 30