coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

INFANTIL DE 2 ANOS


Os nen@s de 2 anos preparamos unhas riquísimas magdalenas con forma de pantasmas e de cabazas para degustar na festa do Samaín. FOTOS
Publicado por Andrés o 06/11/2013  

GARDERÍA: FESTA DO SAMAÍN


Para celebrar o Samaín, disfrazámonos de pantasmas. A “teacher” Isabel tamén nos veu falar do Halloween e cantamos algunhas cancións. Chegada a hora da merenda degustamos os productos do Outono (para o que pedimos a colaboración dos pais): noces, castañas cocidas, caquis, granadas, kiwis, uvas, mazás, mandarinas, laranxas... e como non as magdalenas de pantasmas e cabazas feitas polos nen@s de 2 anos o día anterior. Pasámolo moi ben e bailamos moito. FOTOS: AULA ROSI   AULA SOL   2 ANOS
Publicado por Andrés o 06/11/2013  

MAGOSTO 2013


O MAGOSTO APRÁZASE ATA O VINDEIRO LUNS, 11 DE NOVEMBRO a partir das 15:00 da tarde, celebraremos o tradicional magosto. Non esquecerse de traer castañas e leña para facer o asado. Tamén haberá o concurso da castaña máis pesada e o de decoración de trompos así como diversos xogos populares. Animarse a participar!!
Publicado por Andrés o 05/11/2013  

THEATRE WORKSHOP: CHOCOLATE COOKIES


The boys and girls from Theater Workshop prepared some delicious chocolate cookies. Here we add the recipe so you could try it at home if you like. The children first learned the ingredients and made their own recipe that they took home. Afterwards, we elaborated the chocolate cookies in the schools dining room. Here is a web page that you can use to watch a video of the cookies elaboration: VIDEO   PHOTOS
Publicado por Andrés o 05/11/2013  

3º EP: ATENCIÓN EDUCATIVA "HERE WE ARE AGAIN"


This year in 3rd PE we begin once more Atención Educativa. So, to welcome the new school year , we presented ourselves to the classmates and we practice greetings. After, we created a  mural with our photos, decorated the frames and coloured the title: "HERE WE ARE AGAIN" PHOTOS
Publicado por Andrés o 05/11/2013  

INFANTIL DE 5 ANOS: OBRADOIRO DE COCIÑA


Para celebrar o noso Samaín os nenos da aula de E.I. de 5 anos , fixemos unas riquísimas magdalenas que hoxe imos conpartir con todos. Tamén aproveirtamos para aprender algunhas cousas importantes das cabazas como que coteñen un 90% de auga, pouquísimas calorías, poucos hidratos de carbono e moita fibra. É ideal para os que queiran seguir unha dieta. Ingredientes do Biscoito de Cabaza: 200 g de calabaza, 200 g de azúcar, 170 g de fariña, 1 sobre Royal, 100 cl de aceite de oliva e 3 ovos. FOTOS

Publicado por Andrés o 05/11/2013  

INFANTIL DE 4 ANOS: CARETAS DE SAMAÍN


Os rapaces e rapazas de E. Infantil 4 anos quixemos sumarnos a celebración do SAMAÍN, esa tradición dos nosos antepasados celtas, na que  celebraban o remate da “estación da luz” e o paso a “estación escura”, ese momento no que se “abrían os dous mundos” e as ánimas  atopabanse cos vivos. Por iso, elaboramos unha CARETA DE SAMAÍN para asustar, pois o medo é un elemento importante nesta festa. FOTOS
Publicado por Andrés o 05/11/2013  

CONCURSO DE DECORACIÓN DE CABAZAS


Un ano máis dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Centro, convocamos un CONCURSO DE CABAZAS E CALACÚS para celebrar o SAMAÍN, a tradición celta na que se celebraba o remate da “estación da luz” e o paso a “estación escura”, ese momento en que se “xuntaban os dous mundos”, para que as ánimas puidesen visitar aos vivos. Os premiados foron: Na modalidade de traballo máis orixinal: Jorge e Tania Prado López. Na modalidade de mellor traballo artístico: Érim, Antar e Gael Vidal Fiuza. FOTOS GAÑADORES
Publicado por Andrés o 05/11/2013  

INFANTIL DE 3 ANOS: RECUNCHO DA ARTE


No noso recuncho da arte @s nen@s de 3 anos, estes días, estivemos traballando os bits dos cadros de Joan Miró e Joaquín Sorolla. Nós tamén nos convertimos en grandes artistas e pintamos coas nosas mans os noso cadros do Outono. Divírtete conmigo na casa a adiviñar os nomes do cadros. FOTOS
Publicado por Andrés o 05/11/2013  

INFANTIL DE 3 ANOS: SAMAÍN


Estes días celebramos a festa de Samaín e na clase de infantil de 3 anos estivemos facendo varias actividades como adornos para as fiestras, caretas, ... e así deste xeito vivenciamos máis esta festa de outono. FOTOS
Publicado por Andrés o 05/11/2013  

1st AND 3rd PRIMARY SCHOOL: HALLOWEEN


02013morcego.JPGTo celebrate Halloween with the children of 3rd and 1st of Primary Education in Atención Educativa, we made terrorific bats. We rolled black cardboard paper to make a tube. We drew and cutted the bat's wings. Then, we glued them to the tube to make the bat. To finish we stuck yellow stickers to make the eyes and sharp teeth. PHOTOS
Publicado por Andrés o 01/11/2013  

HALLOWEEN PARTY


02013halloween.JPGWe have ce
lebrated Halloween at school!! PE Students participated in a costume contest, all the costumes were very original and varied, it was very difficult to choose just one but in the end the winner was Marina from 2nd PE. When the parade was finished, PE and CSE students participated in a playback contest. Everybody in the audience was having fun by singing and clapping their hands. And the best was that we could enjoy again the performance of the winner who was Noelia from 5th PE.Be careful with the darkness... remember...if you have a lit candle in a jack-o-lantern, evil spirits will be kept
 
away !!! PHOTOS
Publicado por Andrés o 01/11/2013  

3º PRIMARIA: BIRTHDAY TREE


02013months.JPGChildren of 3rd PE are studying the months, so we decided to make a "birthday tree" to remember  them and also to congratulate our friends for their birthday. First of all we drew a trunk, coloured it and cutted it out. Then we glued the months in the branches and finally, each one of us, decorated a leaf with our name and placed it in the corresponding month. PHOTOS
Publicado por Andrés o 29/10/2013  

2º PRIMARIA: ENERXÍAS RENOVABLES


02013renovables.JPGHoxe os nen@ de 2º de EP tivemos unha visita interesante, pois chegou á nosa clase Carmela, técnica de medioambiente do Concello de Sanxenxo, e explicounos de que xeito podemos aforrar enerxía, e tamén que é a enerxía renovable. Vimos unha película sobre distintos tipos de enerxías, recortamos e estivemos falando sobre o que nós podemos facer para que o noso planeta estea máis limpo. FOTOS
Publicado por Andrés o 28/10/2013  

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: BLOG DE REFORZO


O Departamento de Orientación acaba de realizar un blog sobre Reforzo Educativo. A finalidade do blog é ofrecer recursos ao alumnado do Colexio Plurilingüe Abrente para mellorar o seu rendemento escolar. Nel poden atopar actividades, xogos interactivos, etc. das áreas de Lingua, Matemáticas, Coñecemento do Medio, Inglés...tanto para Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Animamos tanto ó alumnado como as familias a que o visiten. BLOG
Publicado por Andrés o 28/10/2013  

O SAMAÍN: CONCURSO DE DECORACIÓN DE CABAZAS


02013cabaza.jpgUn ano máis, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro organiza o Concurso de Decoración de Cabazas co motivo da celebración do Samaín. As cabazas soamente se poderán entregar o luns 28 de outubro e terán que ser recollidas o 30 de outubro. Haberá dous premios: A cabaza máis orixinal e a cabaza máis traballada que serán obsequiados con sendos lotes de productos típicos do outuno. Animádevos a participar!!  FOTOS CABAZAS   GAÑADORES CONCURSO
Publicado por Andrés o 25/10/2013  

CONCURSO DE TROMPOS


02013debuxostrompos.JPGUn ano máis, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organiza o tradicional concurso interno de trompos. A competición estase levando a cabo nos recreos cunha gran afluencia de participantes. Desta competeción seleccionaranse os participantes que representarán ó Colexio Abrente no Campionato Intercentros que se celebra este ano no Colexio de Dorrón nas modalidades de "malabarismos" e "a escachar". Todos os finalistas recibirán un pequeno agasallo donado pola ANPA do colexio. DEBUXOS TROMPOS. FOTOS
Publicado por Andrés o 25/10/2013  

3º PRIMARIA: BENVIDOS


@s nen@s do curso de 3º de primaria xa estamos aquí outra vez e para celebralo realizamos un mural para darlle a benvida ó novo curso. Decoramos unha paisaxe con flores e nubes e escribimos os nosos nomes nelas. Logo recortamos e pegamos as letras BENVIDOS E WELCOME.  FOTOS
Publicado por Andrés o 18/10/2013  

5º 6º PRIMARIA


@s alumn@s de 5º e 6º de primaria realizaron unha saída a Pontevedra para visitar o Museo de Pontevedra onde poideron admirar e valorar o estudiado na parte de Historia en Coñecemento do Medio e tamén a importancia que primeiro tivo Galicia e despois España na Historia Naval pois poideron observar e escoitar as explicacións sobre "La Numancia" e a Nao "Santa María". Tamén poideron ver o camarote de Méndez Nuñez e as salas adicadas a prehistoria e ós romanos. Despois realizamos unha visita ás prazas e igrexas máis importantes de Pontevedra onde os mestres explicaron a súa historia. A salida terminou dunha maneira lúdica no Lago de Castiñeiras onde poideron observar os cambios de estación no lago. FOTOS
Publicado por Andrés o 18/10/2013  

I XORNADA GRATUÍTA DE XIMNASIA RÍTMICA ABRENTE


02013ritmica.jpgO vindeiro domingo 6 de outubro, na Praza do Barcos de Sanxenxo, celebraremos a I Xornada gratuíta de Ximnasia Rítmica Abrente, organizada polo Equipo de Ximnasia Rítmica Abrente e a Asociación Lúdico-Cultural O Cubreiro. Será en horario de mañán de 11:00h a 13:30h, nas que se levará a cabo diversos obradoiros. Realizaremos entrenamentos específicos de ximnasia rítmica e diversidade de actividades entre as que se encontran un taller de maquillaxe a cargo do Centro de Estética Conchi Pintos e un taller de peiteados a cargo da Peluquería Bela Dona, con diplomas para todos os participantes e actuación das ximnasta do Equipo de Ximnasia Ritmica do Colexio Abrente. A xornada é totalmente gratuita e poderán inscribirse alumnos de 3 a 15 anos de calquer colexio. Para inscribirse deberán realizar a inscrición e enviala a dirección ritmicaabrente@yahoo.es con anterioridad ou no propio día, 1 hora antes de comenzar a actividade. Máis información en ritmicaabrente@blogspot.com. A actividade é totalmente gratuita. Esperámosvos!! CARTEL INSCRICIÓN  FOTOS: SESIÓN 1   SESIÓN 2   SESIÓN 3     
Publicado por Andrés o 01/10/2013  

INFANTIL DE 2 ANOS: INICIO DE CURSO


020132anosinicio.JPGNa Escola Infantil Abrente comezamos un novo curso, xa somos un pouquiño máis maiores, algúns xa temos 2 anos e a outros fáltanos só un pouquiño.
Como poderedes ver pasamolo moi ben no cole pintamos, lemos contos, xogamos con plastilina... e imos o parque que é o que máis no gusta!
No c
omedor do cole aprendemos a comer de todo. FOTOS
 
Publicado por Andrés o 30/09/2013  

ESCOLA DE PAIS


Un ano máis, o Departamento de orientación do Colexio Abrente poñemos en marcha unha nova programación da Escola de Nais e Pais coa intención de axudar a todas as familias na complexidade que é educar a fillas e fillos. A primeira sesión celebrarase o 24 de outubro ás 15:00 horas e estará dirixida a Educación Infantil como nome "Nais e pais, facendo crecer" e "O xogo". Para inscribirse é necesario anotarse na Secretaría do Centro ou enviar un correo á conta: colexioabrente@colexioabrente.com. TRIPTICO INFORMATIVO
Publicado por Andrés o 17/09/2013  

BENVIDOS ESO!!


02013benvidoseso.jpgSe o pasado mércores empezaron @s alumn@s de Educación Infantil e Primaria, este luns tocoulle @s alumn@s de Educación Secundaria Obrigatoria. Esperamos tamén que sexa un curso moi satisfatorio para tod@s cheo de novos retos, novos coñecementos e de unha boa convivencia. BENVIDOS!! FOTOS
Publicado por Andrés o 16/09/2013  

ESCOLA INFANTIL DE VERÁN: 2ª QUINCENA DE AGOSTO


2012garderiaagosto.JPGGústanos moito vir ó cole no verán.....por qué? Facemos cousas moi bonitas e experimentamos con materiais de reciclaxe, pintura, modelado e tamén facemos talleres de cociña que despoís saboreamos. E, por suposto, temos tempo para xogar e aprender á vez: disfrazamonos, bailamos, cantamos e disfrutamos de xogos en grupo coas profes e amigos.Para o ano queremos repetir!!! FOTOS: AULA MARIA   AULA DORI   AULA ALMU   AULA SOL-ROSI   AULA TARDE
Comedor e siesta: Os que comemos aqui aprendemos a comer ben e de todo e gustanos moito a coida da escola. Despois de comer; cansos de tanta actividade, botamos unha boa soneca. FOTOS: COMEDOR
Festa de fin de veran:Como remate final do verán fixemos unha super festa hawaiana para despedir o verán e ós nosos amigos...hasta o próximo verán!!! FOTOS: FESTA
Publicado por Andrés o 16/09/2013  

BENVIDOS Ó CURSO 2013-2014


02013benvidos.JPG@s nen@s de Educación Infantil e Primaria empezamos hoxe mércores 11 de setembro o novo curso 2013-2014. O primeiro día sempre é moi especial, aínda que costa un pouquiño madrugar, é un día de reencontro c@s nos@s amig@s e un día para contar todas as anécdotas e aventuras vividas durante o verán. Con estas fotos queremos darvos a benvida a todos os visitantes da nosa web e decirvos que estamos cheiños de ilusión e ganas de aprender cousas novas. BENVIDOS!! FOTOS
Publicado por Andrés o 11/09/2013  
Pág./s  1 2 3 ... 24 [25] 26 ... 28 29 30