coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

Cortometraxe educación vial "Nuestra opinión cuenta"


svial.jpgOs alumnos de 4º de Primaria coa colaboración do poli "Paco" e a Policía Local de Sanxenxo, rodaron unha cortometraxe para presentarse ao concurso dos premios nacionais de seguridade vial. Podedes ver o vídeo no enlace e votar por él. Pódese votar unha vez cada día. Canto máis votedes, máis oportunidades terán de gañar.   Ver vídeo
Publicado por Roberto o 10/05/2013  

XX CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS


carreira2013pequeno.jpgHoxe, venres 1o de maio celebramos unha nova edición da Carreira Escolar do Salnés. Nesta edición participaron máis de 900 corredores dos colexios Santiago Apostol de Soutomaior, San Francisco e Sagrada Familia de Vilagarcía, CEIP Noalla Telleiro,  San Roque, CEIP A Florida,  CEIP Coirón Dena, CEIP VAlle Inclán de O Grove, CEIP Viñagrande Deiro, San Bartolomeu e Xulio Camba de Vilanova, CPI Julia Becerra de Barrantes, CPI Mosteiro de Meis, IES Baltar e Colexio Abrente. Sin dúbida foi unha gran festa deportiva. Queremos agradecer ó Concello de Sanxenxo, Policia Local de Sanxenxo, Consellería de Deporte e todas as casas comerciais o seu apoio para que un ano máis se celebre esta proba que  cumple 20 anos de existencia. Ver Clasificacións
FOTOS: QUENCEMENTO   PREBENXAMIN   BENXAMIN   ALEVIN   INFANTIL-CADETE   PODIO
                               
Publicado por Roberto o 10/05/2013  

MINICARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS


carreira2013pequeno.jpgMañá mércores, día 8 de Maio celebraremos a Minicarreira escolar do Salnés. Será a partir das 16:00 no colexio e participaran tod@s os nen@s de 3, 4 e 5 anos. Será unha proba para quentar motores de cara a vindeira XX Carreira Escolar do Salnés que se celebrará o vindeiro venres, 10 de maio e no que participarán unha importante representación dos colexios da zona. Esperámosvos!! FOTOS
Publicado por Andrés o 07/05/2013  

INFANTIL DE 3, 4 E 5 ANOS: A MUIÑADA DA BAROSA


2012barosa.JPGOs alumnos de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos visitamos os muiños de Barosa, puidemos pasear e coñecer a fauna e a flora deste entorno tan enxebre e espetacular, coñecer o funcionamento e as partes dun muíño de auga, escoitar a súa musicalidade, apreciar o seu arrecendo peculiar e marabillarnos co espetaculo da fervenza e seus marabillosos sons. Por último, pedimos un desexo á Troita Troitiña tirando un gran de millo a fervenza, seguro que o que desexamos moitos de nós, foi voltar con nosos pais para poder ensinarlles todo o que vimos e aprendemos. FOTOS
Publicado por Andrés o 06/05/2013  

DÍA DA NAI - MOTHER´S DAY


2012nai.JPGUn ano máis, tod@s @s nos@s nen@s de infantil e primaria realizamos un agasallo para esa persoa tan especial nas nosas vidas. Fixemos un pouco de todo, flores, pulseiras, medallas, cadros, volvoretas, etc. Escribimos en galego, en castelán, en inglés, pero o importante é que o fixemos con noso corazón e con moito agarimo. Moitas felicidades a todas as mamis!! FOTOS: 3 ANOS   4 ANOS   5 ANOS   1º EP   2º EP   3º EP   4º EP   5º EP  6º EP  EE 
Publicado por Andrés o 03/05/2013  

DÍA DO LIBRO


2012diadolibro.JPGPara celebrar o día do libro os alumn@as do noso centro realizaron diversas actividades: Os nenos de 1 de EP fixemos un libro entre todos, despois de que as nosas mestras nos contaran unha historia. Os alumn@s de EI e de EP escoitamos os contos que os nos@s compañeir@s da ESO viñeron a contarnos. Os nen@s dos 3º ciclo de primaria e os alumnos de ESO participamos nun concurso de relato curto e de cómic. FOTOS: GAÑADORES CONCURSO 1º EP  INFANTIL  RELATO CURTO  COMICS
        
Publicado por Andrés o 02/05/2013  

2º, 3º, 4º DE ESO: TECNOLOXÍA


2012tecno.JPGNos curso de 2º, 3º e 4º de ESO, nas clases de tecnoloxía seguimos traballando no taller nos nosos proxectos que levamos a cabo durante todo o curso. Trátase de elaborar un proxecto tecnolóxico fomentando o traballo en grupo. Xa quedan moi pouco para rematalos e apuramos xa nestes mes os últimos detalles. Proximamente realizaremos unha exposición na planta media do colexio. FOTOS: 1º TRIMESTRE   2º TRIMESTRE
Publicado por Andrés o 30/04/2013  

AULA CICLISTA: XORNADAS DE PROMOCIÓN DO CICLISMO


2012ciclista.JPGCon motivo dun ano máis do paso da volta ciclista a España polo Concello de Sanxenxo, celebramos no colexio unhas xornadas de promoción do ciclismo para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, que tivo como obxectivo fundamental dar a coñecer o ciclismo nas aulas e os perigos que ten a estrada. Este ano contamos coa presenza do ex-ciclista profesional, Marcos Serrano. Proximamente comunicarán ás familias @s alumn@s seleccionados para a volta junior que se celebrará en Sanxenxo o mesmo día da etapa. FOTOS: TEORÍA   PRÁCTICA
Publicado por Andrés o 30/04/2013  

XIMNASIA RÍTMICA: EXHIBICIÓN EN FENE


2012ximnasiafene.JPGO pasado 13 de Abril, as ximnastas de competición do Equipo de Ximnasia Rítmica do colexio participaron nunha exhibición de ximnasia rítmica celebrado no pavillón de depotes da Xunqueira en Fene. As nosas ximnastas amosaron un bo nivel e seguiran preparandose para os vindeiros torneos que se celebrarán en Vigo e O Porriño e tamén no campionato provincial que se celebrará o vindeiro 19 de maio en Pontevedra. VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS: ALEVÍN I   ALEVÍN II   INFANTIL   CADETE   FOTOS
Publicado por Andrés o 23/04/2013  

INFANTIL DE 2 ANOS: Excursión a Granxa Escola Serantellos


O mércores 17 20122anosgranxa.JPGde abril fomos de excursión a granxa, e tivemos un día estupendo de primavera. Fomos no autobús, nun grande “big” e iso xa foi toda uha experiencia. O chegar a granxa puxéronnos na cara un tatoo de vaca, ós nenos de Almu, e un de porco, ós nenos de Dora e comezamos a visita. Ensináronnos as aves: pombas, faisáns, patos, cisnes, galiñas...,e tamén os mamíferos: Frodo (poni), Mariola (burra), vaca, porcos, cabuxas, ovellas e un coello chamado Chispa. Ademáis de todo isto, moemos grans de cebada para coa fariña facer un rico bolo de pan, que trouxemos para a casa. Foi unha mañá moi divertida. FOTOS: AULA ALMU   AULA DORA
Publicado por Andrés o 23/04/2013  

1º PRIMARIA: ACTIVIDADES


20121eppintura.JPGDe cando en vez, os nenos e as nenas da nosa clase convertímonos en artistas, pois facemos cadros e a nosa mestra decide expoñelos, para que todos os pais poidan velos. A nosa mestra di que os nosos cadros son ben bonitiños e que merecen ser vistos. FOTOS
 
Publicado por Andrés o 22/04/2013  

INFANTIL DE 3, 4 E 5 ANOS: VISITA Á PANADERÍA


2012panaderia.JPGOs alumnos de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos fixemos unha saída moi divertida a unha panadería, puidemos por un momento sentirnos panadeiros elaborando uns moletes, que despois poidemos degustar. Aínda que a algúns de nós, o que máis nos gustou foi enfariñarnos dende a cabeza ata os pés. ¡Todo moi divertido e moi rico...rico...! FOTOS
Publicado por Andrés o 17/04/2013  

TORNEO INTERNACIONAL XIMNASIA RÍTMICA "VILA DE RIBADAVIA"


2012ribadavia.JPGO equipo de Ximnasia Rítmica do Colexio Abrente, dirixido pola mestra e entrenadora Raquel Martínez, participou o pasado 30 de marzo no II Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica "Vila de Ribadavia" que se celebrou no pavillón dos deportes de Ribadavia e que reuniu a ximnastas galegas e do norte de Portugal. Destacar que os dous equipos na categoría Alevín acadaron un 3º e 4º posto respectivamente e o equipo infantil acadou o 2º posto na categoría escolar por equipos. NORABOA ÁS NOSAS XIMNASTAS!! FOTOS
Publicado por Andrés o 16/04/2013  

1º, 3º PRIMARIA: EASTER EGGS


2012eggs.JPGIt´s Easter time and the children have made a mural with lots of nice eggs. The teacher took us pictures while we were designing and painting the eggs. If you want you can see our pictures at school, they are glued on cardboards on the wall in front of our classroom.
It was a fun day for us!! PHOTOS: 1st PE   3rd PE
Publicado por Andrés o 12/04/2013  

2º e 6º de PRIMARIA: "FATHER´S DAY"


2012father.JPGWe've done a gift for our parents to celebrate father's day. This year we gave him a penholder. In 2nd PE we made it with paper and wood. We painted it with felt-tip pens and wrote to him a message. In 6th PE we recycled a few clothe-pegs. We painted them and stuck in an empty roll of toilet paper. We did a base with the same tweezers and also wrote a message. Our parents deserve it! PHOTOS:  2nd PE   6th PE
Publicado por Andrés o 11/04/2013  

ATENCIÓN EDUCATIVA 2º PRIMARIA


2012easter.JPGWe've celebrated Easter in class. We spent an interesting moment colouring Easter Eggs. Teacher gave us a few eggs and we painted them with tempera colours. We even drew Jack Sparrow!!! Try to find him between the photos and enjoy your Holly Week!!! PHOTOS
Publicado por Andrés o 11/04/2013  

THEATRE WORKSHOP: CUPCAKES


2012theatre.JPGIn theatre workshop we prepared some cakes. The children elaborated a recipe which they took home. In school we made the dough and baked the biscuit, then we made a green glace. The children enjoyed baking the cupcakes, learning new vocabulary and had a great time. Take a look at the photos where they actively participated in the activity and try the recipe at home. It´s delicious! PHOTOS
Publicado por Andrés o 11/04/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ


20121anoestimulacion5.JPGContinuamos coas sesións de estimulación temperá, os martes e os xoves, onde os papás e as mamás d@s nen@s de 1 ano veñen xogar cos seus fill@s.  Nestas dúas últimas sesións traballamos moito: fixemos torres altas e baixas, puzzles, diferenciamos as cores azul e vermello, fixemos volteretas, empregamos un arrastre para darlle de comer a rá, traballamos o concepto espacial dentro...pero sobre todo pasamolo moi ben na compaña das nosas familias. Esperamos que as fotos sexan do seu agrado. FOTOS:  5ª SESIÓN  4ª SESIÓN  3ª SESIÓN   2ª SESIÓN  1ª SESIÓN     CALENDARIO
Publicado por Andrés o 11/04/2013  

VISITA DO PILOTO JOSE LÓPEZ RIVAS


2012joselopezrivas.JPGO pasado mércores 20 de marzo recibimos no colexio a visita do piloto de rallyes Jose Luis López Rivas. Tivo un encontro c@s alumnos de 5º e 6º de primaria e de ESO onde explicou as súas experiencias como piloto de rallyes e en particular da súa última participación no Dakar onde por primeira vez, un piloto galego foi capaz de completar o Dakar nas terras americanas. Durante a mesma tratou de inculcar nos alumnos a importancia de ser perseverante cando queres cumprir un obxetivo ou un soño na vida. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/03/2013  

INFANTIL DE 3, 4 E 5 ANOS: TESOUROS NO LIXO


2012345anostesouros.JPGA pasada semana os técnicos educativos de medioambiente do Concello de Sanxenxo realizaron unha actividade para @s nen@s de 3, 4 e 5 anos chamada "Tesouros no lixo" onde, dunha maneira lúdica, trataron de dar a coñecer a problemática asociada ós residuos e informar da recollida selectiva dos mesmos e concienciar da importancia dunha correcta xestión lixo. Primeiro visionaron un vídeo da obra de monicreques "Tesouros" e despois fixeron un obradoiro con imáns para representar as personaxes. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/03/2013  

1º e 2º PRIMARIA: VISITA VIVEIRO E TEATRO EN INGLÉS


201212ephappy.JPGO pasado martes 12 de marzo, @s nen@s de 1º e 2º de primaria realizaron unha saída cultural. En primeiro lugar visitaron o viveiro "Jardín al Mar" de Poio onde, pese ó mal tempo, poideron identificar distintas plantas, as súas partes e as súas funcións. Despois asistiron á obra de teatro en inglés "Happy ever after" no Centro Sociocultural de Novagaliciabanco en Pontevedra onde participaron de forma activa na obra. FOTOS.
Publicado por Andrés o 27/03/2013  

INFANTIL DE 2 ANOS: VISITA O PARQUE DE BOMBEIROS E DÍA DO PAI


20122anosbombeiros.JPGDurante esta última semana do trimestre os nen@s de infantil de 2 anos realizamos varias actividades nas que destacan a elaboración de agasallos con motivo do Día do Pai e a visita da Policía Local de Sanxenxo e en especial do poli "Paco" que nos ensinaron como temos que ir polas rúas. Despois acompañáronos ó Parque de Bombeiros onde poidemos ver as ferramentas que utilizan os bombeiros. Queremos agradecer a colaboración da Policía Local e do Parque de Bombeiros de Sanxenxo que fixeron posible esta actividade. FOTOS: DÍA DO PAI   VISITA POLICÍA E BOMBEIROS
Publicado por Andrés o 22/03/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: OBRADOIRO DE INVERNO


20121anoinverno.JPGPara disfrutar desta estación que acabamos de despedir, a pasada semana realizamos un obradoiro de inverno cos nenos e nenas de educación infantil de 1 ano facendo un montón de actividades. Realizamos un mural de bonecos de neve, viñemos vestidos ó cole da cor branco, simulando copiños de neve, traballamos as prendas do inverno: gorro, bufanda, etc. e vestimos unha árbore. Que ben o pasamos con este frío! Agora ... queremos que veña xa a primavera!! FOTOS. 
Publicado por Andrés o 22/03/2013  

AXUDAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN INGLÉS PARA ALUMNOS DE ESO


A consellería ven de publicar a orde do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. A convocatoria vai dirixida para alumnado de ESO que teña todas as materias aprobadas e unha nota mínima de 6 en inglés no curso pasado. O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de abril. Aquelas familias que estén interesadas deberán solicitar o certificado académico no centro antes do 12 de Abril que ten que ser compulsado pola Inspección Educativa. Máis información en www.edu.xunta.es/axudasle. CARTEL ORDE
Publicado por Andrés o 22/03/2013  

INFANTIL DE 5 ANOS: DÍA DO PAI


20125anosqueixo2.JPGEste ano, @s nen@s de infantil de 5 anos quixemos facer algo moi especial para os nosos papás. Puxemos os gorros de cociñeiros e fixemos un postre moi doce para eles, unha especial tarta de queixo que nos saeu moi rica. A verdade é que estamos feitos uns cociñeiros estupendos e tamén nos gusta practicar na casa, así que podedes descargar aquí a receita. FELICIDADES PAPIS!! RECEITA    FOTOS
Publicado por Andrés o 21/03/2013  
Pág./s  1 2 3 ... 23 [24] 25 26 27