INFANTIL DE 1 ANO: ACTIVIDADES |
REGALO DO PAI. Agasallamos os nosos país con unha fermosa tarxeta, na que lle amosamos todo noso amor esperando que fora do seu agrado. FOTOS XOGO HEURÍSTICO: Esta sesión aumentamos un material, xogaron con texturas diferentes, materiais que pesaban uns máis ca outros e conseguiron clasificar tódolos materiais aínda que ás veces costaba un pouquiño. FOTOS PSICOMOTRICIDADE: Nesta sesión utilizamos aros para meternos dentro, xogamos arriba-abaixo e cantamos a canción: “IMOS DE PASEO , PI, PI, PI…” , simulando co aro un volante. A continuación fixemos carreiras e para rematar un momento merecido de relaxación. FOTOS |
INFANTIL DE 1 ANO: SAÍDA BOMBEIROS |
Aproveitando que estamos a traballar medios de transporte e seguridade vial fixemos unha pequena saída polo noso contorno. Primero recibimos na escola a visita do poli PACO ,que coa súa gran experiencia dounos unha boa clase de seguridade vial,por onde temos que cruzar, en que cor ten que estar o semáforo ,levalo cinto posto etc, entre cancións e risas aprendemos moito, o rematar acompañaronos os bombeiros que estaban a esperar por nos con todo o seu parque móvil preparado, luces , sereas, cascos, mangueiras fixeron as ledicias dos nosos nenos/as , e para rematar agasallaronos con unha chapa da patrulla canina e unha super merendola. Dende a escola queríamos agradecer o poli PACO e os bombeiros o seu traballo e adicación con nos. FOTOS |
INFANTIL 0-1 ANO: 2º TRIMESTRE |
Este segundo trimestre xa foi moito máis divertido. Os nenos e nenas xa se mostran máis participativos nas actividades e disfrutan con elas. Fixemos varias actividades entre elas destacar o taller de luces e cores, o regalo do día do pai, a celebración do día da paz,a familia, os animais e unha nova sesión na aula de experimentación entre outras. Pasámo-lo moi ben. FOTOS: ACTIVIDADES AULA EXPERIMENTACIÓN CESTIÑA DOS TESOUROS DÍA DA PAZ DÍA DO PAI TALLER DE LUCES TALLER DE RELAXACIÓN |
Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2018 |
O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenrolo e ao funcionamento cerebral. Trastorno no que a pesares dos avances das últimas décadas que determinaron varias claves fundamentais sobre o mesmo, o seu orixe segue sendo un misterio. Ademais, o autismo conta coa dificultade engadida de que cada persoa é diferente, de que cada individuo posúe características propias. Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra cada 2 de Abril, o Departamento de Orientación do Colexio Abrente coa colaboración do alumnado do centro “pasou a palabra polo Autismo”, xogando ao popular xogo televisivo “Pasapalabra”. “Rompamos xuntos as barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade máis accesible.” Fotos |
3&4 years Easter bunny arts and crafts |
For this fun easter activity, the Easter bunnies were made with paper plates, wooden sticks, pipe cleaners and pom-poms. Then the students decorated and coloured their own bunnies with their crayons. Photos |
Voluntariado ESO |
Neste trimestre iníciase o proxecto “patios dinámicos” para promover a convivencia co alumnado de primaria nos recreos a través de xogos tradicionais. Cada día participan dous cursos. Tratase de activar o programa de voluntariado na que hai inscritas 35 alumnas e alumnos. Esta actividade forma parte da programación preivsta dentro Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES), na que está incluido o noso Colexio. |
3º ESO: CHARLA SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS |
Os alumnos e alumnas de 3º de ESO do Colexio Abrente participaron nunha charla sobre primeiros auxilios, impartida por Pablo Leiro, responsable de prevención e planificación de Emerxencias de Sanxenxo. Despois realizamos unha sesión práctica de como actuar en cada emerxencia e tamén de como facer unha Reanimación Cardiopulmonar (RCP). FOTOS |
INFANTIL DE 0-3 ANOS: ACTIVIDADES DE TARDE |
Este segundo trimestre foi moi divertido. Traballamos a cor amarela, as tendas, o círculo, o inverno e os medios de transporte. Fixemos tamén actividades para traballar as nosas emocións, aprendendo a expresalas e a recoñecelas. E coma sempre Colorín e Next acompañáronnos nas nosas aventuras. FOTOS |
INFANTIL 1-2 ANOS: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ |
Durante os meses de xaneiro e febreiro realizamos duas sesións de estimulación temperá. Nelas traballamos: tamaños, facendo torres grandes e pequenas; cores, clasificando tarxetas vermellas e azuis; puzzles de dúas pezas; arrastres; dentro-fora; e demostramos as nosas habilidades motoras: gatexando, saltando, facendo volteretas e practicando equilibrios. FOTOS: 3ª SESIÓN 4ª SESIÓN |
INFANTIL DE 2 ANOS: OBRADOIRO DE MÚSICA |
Probamos os tubos sonoros que son uns tubos ocos de diferentes tamaños que ao golpealos dan un sonido, cada un diferente. Primeiro vimos uns videos de como se utilizan e despois probamos a golpealos no chan, nas pernas, nos pes… e comprobamos que soaban diferentes. E para rematar coa percusión fixemos soar os ovos musicais e maracas tan forte como puidemos. FOTOS FOTOS OUTRAS ACTIVIDADES |
INFANTIL DE 2 ANOS: OS MEDIOS DE TRANSPORTE |
Neste segundo trimestre traballamos os medios de transporte, estudiámolos nos libros, vímolos na pizarra dixital, debuxámolos e mesmo fabricamos os nosos propios. Reutilizando unhas caixas de cartón coas que xa habíamos traballado, fixemos un tren, unha avioneta, un camión de bombeiros e un coche. FOTOS |
INFANTIL DE 2 ANOS: POLI PACO E VISITA PARQUE BOMBEIROS DE SANXENXO |
Veunos visitar a Policía Local de Sanxenxo, e por suposto o Poli Paco para explicarnos normas básicas de educación vial e para acompañarnos a visitar o parque de bombeiros de Sanxenxo. Aquí puidemos ver os camións, escoitar a serea, xogar a ser bombeiros cos cascos e as mangueiras... pasámolo moi ben e voltamos soñando con ser de maiores policías e bombeiros. FOTOS |
INFANTIL DE 2 ANOS: DÍA DO PAI |
Para esta data tan importante os nenos e nenas decidiron agasar o seu papá cunha tarxeta coa sua sinatura (unha man impresa en pintura) e unha foto cun corazón onde pon o moito que o queren. Ademáis, dentro tiña unha sorpresa, un chaveiro cunha foto e un coche feito por eles. FOTOS |
Día del padre |
Como no podía ser de otra manera, los niños y niñas de primaria hemos trabajado mucho para hacer un regalo especial a nuestros padres por el día del padre, ¿por qué? Porque... estamos orgullosos de ellos, nos consienten, nos miman, nos ayudan y nos cuidan cada día... ¡sois los mejores! ¡Feliz día a todos los papás! Fotos |
Búsqueda del tesoro en la naturaleza |
Los niños y niñas de 1 de primaria, hemos realizado esta semana una búsqueda del tesoro buscando elementos de la naturaleza que trabajamos en “social values” esta es una forma divertida de afianzar el vocabulario que aprendemos a lo largo de estos días. Fotos |
Extra curricular puppet show |
SEMANA BRANCA LEITARIEGOS 2018 |
![]() |
Cafés-Tertulia en Familia |
O martes 27 de febreiro comezan os Cafés-Tertulia coa intención de axudar a todas as familias na complexidade que é educar a fillas e fillos. ESTES SON OS TEMAS QUE PROPOÑEMOS: EDUCACIÓN: Cal é a nosa función como nais e pais? AFECTIVIDADE: Qué é a autoestima e a asertividade? Cómo conseguir que as nosas fillas e fillos desenvolven unha axeitada autoestima?. Recoñecendo o positive nun mesmo. COMUNICACIÓN: Normas. Afrontando tensións e conflitos coas nosas fillas e fillos. Aprendendo a relaxarse. AS NOVAS TECNOLOXÍAS: Utilidade e/ou perigo? PARA NAIS, PAIS, AVOAS, AVÓS E DEMAIS FAMILIA DE ALUMNADO DE 4º; 5º; 6ºde Primaria e todos os cursos da ESO 27 de febreiro e 6, 13 e 20 de marzo. HORARIO: 15:10 a 16.45 hs.] |
FESTIVAL DE RÍTMICA. COLEXIO ABRENTE. |
INFANTIL DE 2 ANOS: OBRADOIRO DE COCIÑA. |
No último obradoiro fixemos unhas pizzas cadradas. Estaban deliciosas! FOTOS |
INFANTIL 0-3 ANOS: MARTES DE ENTROIDO |
Para seguir festexando o entroido dispuxemos de barra libre de disfraces e maquillaxe. Os nenos e nenas puideron escoller entre moitisimos diferentes, algún pedían axuda para poder poñelos e outros amosábanse do mais autónomo, puxeron, quitaron, cambiaron… e cando xa estaban todos decididos pintaron as caras e algo mais… incluso axudáronse os un aos outros para que non lles quedase nin unha meixela sin pintar. FOTOS |
INFANTIL 0-3 ANOS: MÉRCORES DE CINZA |
Para esta data tan sinalada vestímonos como é debido, de loito riguroso e preparamos os panos para chorarlle a nosa sardiniña, a que tanto queremos e debíamos despedir, o cura rematou coa despedida, todo moi triste pero moi ben levado cun bo toque de humor. FOTOS |
INFANTIL DE 2 ANOS: AS TENDAS |
Este trimestre traballamos as tendas, algún tipos de tendas e o que se vende nestas. Puxemos recortes de diferentes productos e alimentos no sitio correspondente e para rematar creamos as nosas propias tendas: unha padaría, unha froitería, a peixería, a chacinería… cada un tiña o seu rol, e así fixemos de caixeiros, vendedores e compradores… e gastamos moitos cartiños porque mercamos de todo. FOTOS |
Visita ao Colexio Abrente do defensor de dereitos humanos Gustavo Pedraza |
Dentro das actividades da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional, o día 20 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de ESO contou coa presenza do defensor de dereitos humanos colombiano Gustavo Pedraza Salcedo. Pedraza realiza una xira por toda a comunidade galega para dar testemuño sobre a actual situación dos dereitos humanos en Colombia e da súa situación propia. Fotos |
Charlas da Garda Civil: Uso resposable de internet |
Un axente especializado da Garda Civil impartiu charlas durante este mes a alumnos de EP e ESO para informar e explicar os riscos de un mal uso de internet e o modo responsable de usar as redes sociais, facendo especial fincapé na importancia de non revelar datos persoais, publicación de fotografías, etc… Fotos |